Retos Centro Pedagóxico

Aprender Manipulando

Aprender Xogando

O noso nome

En RETOS todo ten un motivo… Comecemos polo noso nome…

Que é un reto? Un reto é un obxectivo ou empeño difícil de levar a cabo, e que constitúe por iso un estímulo e un desafío para quen o afronta.

Que ten que ver isto con aprender? A medida que se avanza nos distintos niveis educativos, a curiosidade e a motivación vanse perdendo, e con elas, o valor do esforzo e da constancia. Aquí é onde entra en xogo o concepto de reto, como unha maneira de vivir cada aprendizaxe como un desafío persoal que nos fai crecer e sentirnos orgullosos de nós mesmos.

En poucas palabras… Vivir a aprendizaxe coma un reto é motivación, esforzo, constancia e perseveranza. Valores fundamentais para o rendemento académico e tamén, para a vida.

Quen Somos?

Retos é un centro pedagóxico e multidisciplinar que abarca todas as etapas da vida, especialmente a infancia e a adolescencia.

O noso método de ensino parte do coñecemento de como aprende o cerebro, poñendo o foco na emoción e na motivación dos nosos usuarios.

Contamos con profesionais variados e formados en distintas disciplinas: pedagoga, mestres/as de infantil, de primaria e profesorado de secundaria especializado nas linguas, nas matemáticas e nas ciencias. Profesionais distintos, pero con algo en común, o gusto pola docencia.

Como traballamos

A nosa metodoloxía baséase en catro piares fundamentais:

O coidado do espazo

É importante crear un ambiente acolledor e alegre para que os nosos usuarios se sintan como na casa. Gústanos o concepto de centro como fogar, onde compartir e aprender xuntos.

Aprender facendo

Non hai mellor forma de aprender que sendo partícipes da nosa propia aprendizaxe, de forma lúdica, experimental e manipulativa.

Traballo en equipo (Familia, escola e Retos)

Ante todo estamos para axudar, non so a nivel académico, senon tamén a nivel persoal e emocional. Para isto a coordinación faise esencial.

Motivando e reforzando a autoestima

É a esencia de Retos. Sabemos que o rendemento escolar está moi ligado á motivación e á autoestima persoal, polo que potenciaremos estes aspectos en cada un dos nosos servizos.

Ponte en contacto connosco

Apoio Pedagóxico

O apoio pedagóxico é un servizo que axuda a superar as dificultades de aprendizaxe dos estudantes. Este servizo proporciona un acompañamento personalizado e recursos adaptados ás necesidades de cada persoa.

Asesoramento familiar

Ofrecemos servizos de asesoramento familiar na nosa academia para axudar aos pais e titores a apoiar mellor aos seus fillos na súa educación.

Reforzo educativo

(Infantil, primaria, ESO, Bacharelato).

Hábitos e técnicas de estudo

Os hábitos e técnicas de estudo son esenciais para un bo rendemento académico. Na nosa academia ofrecemos diferentes estratexias para mellorar a organización e concentración durante o estudo, e así acadar os obxectivos académicos dos nosos alumnos.

Campamentos urbanos

Haberá espazo para a cultura, para a educación emocional e para a educación en valores.

Obradoiros

Obradoiros destinados á: Infancia, adolescencia e terceira idade.

Reforzo educativo

Formaremos pequenos grupos onde aprender as distintas materias dunha maneira amena e motivadora. Neles empregaremos unha metodoloxía pensada por e para o noso alumnado, poñendo o foco na súa forma de aprender e de sentir.

Se cres neste modelo educativo, non dubides en vir a coñecernos!

Aula de estudo

Un dos nosos servizos é a aula de estudo para o alumnado de Primaria. Un espazo para facer as tarefas escolares e o máis importante, onde desenvolver hábitos de estudo e gañar autonomía. Ferramentas imprescindibles para entrar con éxito nunha nova etapa educativa, a ESO.

A nosa pedagoga e mestra Beatriz Rey Gómez crea sesiones personalizadas e centradas nas características individuais do alumnado con necesidades educativas especiais (TEA, TDAH, Dislexia, Discalculia, Disortografía…)

Céntrase no estudo de necesidades de cada caso para establecer programas de intervención destinados a mellorar as habilidades tanto académicas coma para a vida dos seus usuarios. Ademais, traballarase en coordinación directa coa familia (aportando pautas), co profesorado e demais especialistas que atenden ao menor.

Como todos os servizos do centro, coida especialmente a autoestima e as emocións, dando pé a un vínculo afectivo e a un ambiente de confianza mutua. Ademais, as sesións prepararanse con base científica, coñecendo a fondo as distintas patoloxías e a mellor a maneira de ensinar, en base a métodos experimentais e a través do xogo.

Campamentos urbanos e Obradoiros lúdico-educativos

Un espazo para crear, compartir, aprender e disfrutar!

Os nosos campamentos está destinados a nenos e a nenas de 3 a 12 anos. 

No periodo vacacional de nadal e de verán o centro transformarase para dar paso á creatividade e a diversión en estado puro, sen deixar de lado á aprendizaxe, posto que haberá espazo para á cultura, para a educación emocional e para a educación en valores. 

Obradoiros lúdico-educativos

Son espazos onde aprender a través dunha metodoloxía puramente lúdica e experimental. 

Estes son algúns dos nosos obradoiros:

No gran RETO da educación o piar fundamental son as familias. Por iso queremos ter un espazo para VÓS. Un espazo para compartir inquidanzas e para aprender; onde formar un equipo e axudarnos mutuamente.

Ademais do contacto habitual cos vosos cativos e cativas, temos un espazo onde aprender novas formas de educar co fin de mellorar como familia e como sociedade. Aportaremos coñecementos e estratexias destinadas a solventar as vosas inquedanzas do día a día.

× Contacta